domingo, 8 de marzo de 2015

Industria do Tabaco en Galicia.

¡Bos días!
A tarea de esta semana consistía en crear unha liña do tempo con algún tipo de industría galega. O meu compañeiro Pablo e mais eu fixémolo sobre a industria do tabaco e centrámonos na Coruña, especialmente na Fábrica da Palloza, xa que resultou primordial no referido a tabaco en toda Galicia.
Como fonte de información utilizamos, además do ofrecido pola web, un libro en concreto, "As tecedeiras do fume" de Luís Alonso Álvarez. Este libro amosa de forma moi detallada a historia de Fábrica de Tabacos da Coruña, a partir da cal fixemos o noso traballo.
A ferramenta utilizada foi Dipity, un recurso moi completo en canto a liñas de tempo interactivas, xa que ofrece a posibilidade de engadir vídeos, fotos, enlaces, etc. E podemos facer con él traballos moi chamativos. Outra vantaxe que ofrece é a súa estrutura tan sinxela, que nos permite utilizalo sen ter visto titoriais como foi o noso caso. Ainda así aquí vos deixo un bastante completiño por se tedes algunha dúbida á hora de traballar con él.
Persoalmente gustoume este traballo, non só por descubrir esta noa ferramente, senon tamén polo tema a desenvolver, que nos permitiu coñecer un anaquiño máis da nosa cidade de cristal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario