jueves, 14 de mayo de 2015

A Coruña ¡Achégate!

Bos días artistas!
Hoxe preséntovos unha tarefa que tomei con moito agarimo e traballo para conseguir facer o vídeo que vos presento. O profesor suxeríunos desta volta descubrir os códigos QR e en teoría facer o noso propio para poñer nos blogues. Máis eu decidín ver a tarefa dende outra perspectiva e darlle unha volta ao conto. Pensei nas utilidades que teñen estes códigos, como a de ampliar información. 
Con esta idea na cabeza decidín facer un vídeo no que visitara lugares icónicos de A Coruña e con algo de historia presentada a través dos códigos QR para animar á xente a visitar esta cidade de cristal. 
Para levar a cabo o proxecto, primeiro creei un blogue no que publicar información sobre diversos lugares da cidade. Os escollidos foron: Castelo de San Antón, Xardíns de San Carlos, Plaza de María Pita, Porto de A Coruña, Torre de Hércules, estadio de Riazor e un derradeiro lugar "sorpresa" que tedes que descubrir escaneando o código que figura ao final do vídeo. 
Unha vez feitas as entradas, o seguinte paso foi doado, simplemente tiven que asignar a cada enlace un código QR. Fíxeno dun modo moi rápido aquí. Optei por un diseño básico en branco e negro para o meu código xa que é o que máis me gusta. 
Cando tiven os QR de todas as entradas, simplemente tiven que imprimilos para poder colocalos nos distintos lugares de A Coruña, coa súa respectiva información. 
Coa axuda de Iris Barral e unha boa cámara conseguimos grabar o vídeo e a montaxe foi realizada por min en Movie Maker, engadindo música, cortando e unindo os distintos vídeos que compoñen a visita pola cidade. Ao ser vídeos de alta calidade tiñan moito peso tamén, polo cal tiven que gardar os distintos cortes como vídeos de tres en tres e despois montalos todos nun só proxecto e gardar este último como vídeo.
Para darlle o toque final e o broche de ouro, as imaxes de título e créditos (orixinais tamén), engadinlles o texto en PicMonkey.
E sen máis aquí vos deixo o meu traballo para que descubrades vos tamén algo máis destes lugares que temos a sorte de ter.



Aquí tedes o blogue do que proceden os QR para votarlle unha ollada e acceder directamente: http://acorunachegate.blogspot.com.es/

1 comentario:

  1. Fantástico!!!
    Precioso vídeo turístico de A Coruña y un muy interesante planteamiento de tu trabajo, abriendo camino.
    Gracias por toda tu creatividad y por el paseo, aunque creo que lo has disfrutado. ¿Quién dijo que un trabajo educativo no puede ser lúdico al mismo tiempo?

    ResponderEliminar