martes, 18 de noviembre de 2014

CQC- Quero ser como María.

Hoxe a entrada volve a ser en galego tamén, que bonito idioma!
Nesta ocasión preséntovos unha tarefa na que tiñámos que escribir un relato, engadirlle hiperenlaces e algunha fotografía, e presentalo nunha entrada do blog. Era importante que tivese un trasfondo científico, pois cos relatos participaríamos no concurso CQC
Ademáis diso, a biblioteca do instituto organizaba outro concurso de relatos no que a persoaxe da que recibe o nome a biblioteca, María Wonenburger, estivese tamén presente. Eu participei nos dous concursos, baixo o pseudónimo de Viernestrece, cun mesmo relato, o que ides ler a continuación. Clicades nos hiperenlaces que van aparecendo ao longo do relato, veredes a razón de que este texto servira para ambos concursos.
Esta tarefa resultoume interesante, xa que me gusta escribir e, con ela, descubrín a vida de María Wonenburger. 


QUERO SER COMO MARÍA
Viernestrece
Todos os nenos son diferentes, é certo. ‘Cada neno é un mundo’ dicíanme na miña casa. Pois ben, podo afirmarvos que isto é totalmente certo, e como mellor que cunha historia real. Aconteceu hai xa moito tempo, pero lémbrome como se fose onte, ó fin e ó cabo, é a miña infancia. Agora as canas brancas tinguen os meus cabelos e as enrugas disimulan a miña face, pero, daquela, lucía unha melena de pelo negro e unha tez branca e suave de porcelana. Direi, a risco de ser fachendosa, que era coñecida en todo Oleiros pola miña beleza.

Neses días coñecía eu a unha nena. Era a miña veciña en Montrove mais, a pesar diso, non tiña demasiado trato con ela. María era unha nena moi tranquila e agradable. Tamén era diferente. Cando os demais nenos xogabamos ás agachadas ou á pita cega ou, simplemente tirabamonos a rolos pola eira, ela quedaba leda cun caderno ou cun papel a facer números e números. Nós non o entendiamos, pero, á fin e ó cabo, eramos nenos. Os máis curiosos preguntánballe por que facía tantos números naqueles cadernos vellos e gastados. Ela levantaba un pouco a mirada e contestaba: “Gústame entender”. Os meniños, desconcertados, seguían a lle facer preguntas e ela contestaba leda. Cando non tiña gana de falar só dicía: “Eu quero ser como María”, levantaba ou daba media volta e marchaba a paso lento e tranquilo.
Un día María marchou. Nós preguntabámonos onde estaría e comenzamos a dicir cousas como “María é unha nena tan boa que o Rei chamou por ela para darlle unha coroa de prata das súas” ou “María é unha nena tan lista que inventou unha nave espacial e agora vive na lúa”. E non sabiámos máis dela. Eu pensei que María non era unha nena, senón que era un robót. Non entendía como unha meniña de dez anos podía ser tan diferente aos demais.
E así pasou o tempo. De María a robot co Rei ou na lúa, non voltamos saber máis. Dos rapaces cos que xogaba ás agachadas na vila, apenas recordo os nomes. Todos fomos medrando e separándonos, tan pouco a pouco, que apenas nos demos de conta. Esquecinme completamente de tódos os rapaces agás de María.
Unha tarde de choiva, ía eu camiñando polas galerías da Coruña, a paso lento, coas mans nos petos, resgardándome do frío. Metinme por unha canella e fun dár a unha cafetaría moi preto de María Pita. Entrei, pedín unha cunca de cascarilla e sentei nunha cadeira a ler o xornal. Media hora
despois, cando rematei e me estaba a levantar, sentín falar a dous homes cun refinado acento inglés algo dunhas álxebras, de xeometría, dunha beca co nome de Fulbright e dos Estados Unidos. Mentres vestía o abrigo, dixeron seu nome. Souben que era ela, aínda sen o apelido. De ter Internet daquela non tería ningunha dúbida, pero tiven que esperar ata hai uns anos cando lin no xornal, mentres agardaba a que se quentase o xantar, algo duns premios María Wonenburger. Xa non había dúbida de onde se atopaba María. E comprendín, entón, por que dicía aquilo de “quero ser como María”, ¿quen non querería ser como María, despois de coñecer a súa vida? Ela adiantouse no tempo a dicir esa frase. Esa rapaza era diferente, pero todos os nenos o son, mais ela era excepcionalmente diferente. Totalmente única, digna de levar unha coroa de prata do Rei ou de vivir na lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario