martes, 18 de noviembre de 2014

#CulleredoPoloBoTrato

"El era un rei, o seu rei. Mais o que ela quería era unha república #culleredopolobotrato"

O que vos traio hoxe é o traballo de informática desta semana. Decidín facer a entrada en galego, como a tarefa. Nesta ocasión tiñamos que escribir un tuit manifestándonos contra a violencia de xénero, compartilo co profesor e, posteriormente, incorporalo nunha entrada coa súa correspondente explicación. Esta tarefa fixémola con motivo do 25N e tamén para presentala a un concurso do concello, por iso no hashtag aparece "Culleredo".
O meu tuit basease nun simple xogo de palabras. "Rei" ten o significado de ser un apelativo de agarimo, pero un "rei" tamén é unha persoa que manda sobre as demáis. Na segunda parte do tuit podemos ver reflexada esta última acepción cando vemos que a súa parella quere liberdade. Incluso poderíase ver unha desigualdade de xéneros, pois el é o rei, mais non se ve que ela sexa a raíña.
Gustoume facer esta tarefa polo seu motivo, concienciar ás persoas que sufren de violencia de xénero, pero resultoume difícil xa que tiña que expresar moito en tan só unha oración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario